Apertura ou peche de delegacións

A inscrición rexistral de apertura, modificación ou peche de delegacións de asociacións figura entre os actos obxecto de inscrición previstos no artigo 28 da L.O. 1/2002. A solicitude de inscrición debe presentarse no prazo dun mes dende a adopción do acordo (artigos 53-54 R.D. 949/2015, do 23 de outubro).

Que documentos teño que presentar?

  1. Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada por unha das persoas titulares da xunta directiva e dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
  2. Acta ou certificación do acordo adoptado polo órgano competente (modelo en formato .docx - modelo en formato .odt) expedida pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace da presidencia, no que conste:
    • Data e lugar da reunión e contido do acordo adoptado
    • Quórum de asistencia e resultado da votación nos termos establecidos nos estatutos
    • Identificación do domicilio da delegación ou delegacións obxecto de apertura ou peche: rúa, número, localidade, provincia e código postal.
  3. Xustificante do pagamento da taxa (Código 30.39.05)
  4. ¿A qué registro tengo que dirigirme?