Federacións, confederacións e unións de asociacións

Compártao :

Compartir

As asociacións poderán constituír federacións, confederacións ou unións de asociacións; e as federacións poderán constituír confederacións. (Artigos 44 e 45 do R.D. 949/2015, do 23 de outubro).

 

Que documentos teño que presentar?
  1. Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada por unha das persoas promotoras da federación ou confederación e dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
  2. Acta de constitución (modelo formato .docx - modelo formato .odt): un exemplar orixinal asinado polas persoas representantes das promotoras, na que conste:
    • Data e lugar da reunión e expresión da vontade de constituír unha federación ou confederación.
    • Identificación de cada unha das asociacións promotoras: Denominación, número de inscrición, rexistro no que consta inscrita e domicilio e os datos de identificación das persoas representantes de cada unha delas.
    • Designación do órgano provisional de representación ou xunta directiva.
  3. Certificación de cada unha das asociacións promotoras (modelo formato .docx - modelo formato .odt), expedida pola persoa ou cargo con facultade para certificar, do acordo adoptado para a constitución da federación ou confederación e designación da persoa representante.
  4. Estatutos (modelo formato .docx - modelo formato .odt): un exemplar orixinal asinado por todas as persoas promotoras, redactado co contido establecido no art. 7 da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo.
  5. Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas representantes das promotoras da federación ou confederación (anexo II)
  6. Xustificante do pagamento da taxa (Código 30.39.06)
  7. A que rexistro teño que dirixirme?

  8.  
Inscrición de incorporación e separación de asociacións a unha federación ou unión de asociacións ou de federacións a unha confederación

A solicitude de inscrición debe presentarse no prazo dun mes dende a adopción do acordo (artigos 28 da L.O. 1/2002, do 22 de marzo, e artigos 55 a 58 do R.D. 949/2015, do 23 de outubro).

Que documentos teño que presentar?

  1. Solicitude de incorporación ou separación de asociacións a unha federación ou de federacións a unha confederación (modelo PR308A): formulada por unha das persoas titulares da xunta directiva da federación ou confederación e dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
  2. Acta ou certificación da federación ou confederación na que conste o acordo (modelo formato .docx - modelo formato .odt) de incorporar ou separar unha asociación ou federación, facendo constar:
    • Data e lugar da reunión, quórum de asistencia e resultado da votación nos termos establecidos nos estatutos.
    • A denominación exacta, domicilio social, número de rexistro da federación ou confederación na que se integra ou separa.
    • A denominación exacta, domicilio social, número de rexistro da asociación ou federación que se incorpora ou separa.
  3. No caso de incorporacións, por cada unha das asociacións ou federacións que se incorporan, certificación (modelo formato .docx - modelo formato .odt) expedida pola persoa ou cargo con facultade para certificar, do acordo adoptado para a súa integración na federación ou confederación e designación da persoa representante.
  4. Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas representantes das entidades incorporadas (anexo II)
  5. Xustificante do pagamento da taxa (Código 30.39.07)
  6. A que rexistro teño que dirixirme?