Modificación da xunta directiva

Compártao :

Compartir

A identidade das persoas titulares do órgano de representación ou xunta directiva debe inscribirse no rexistro de asociacións tras o correspondente proceso de elección ou nomeamento, incluso no caso de ser reelixidas as mesmas persoas; ou cando se produza calquera alteración na súa composición durante o mandato.

A inscrición debe solicitarse no prazo dun mes desde a elección ou modificación das persoas titulares da xunta directiva ou órgano de representación (artigos 51-52 R.D. 949/2015, do 23 de outubro).

Que documentos teño que presentar?

  1. Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada por unha das persoas titulares da xunta directiva e dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
  2. Acta ou certificación do acordo adoptado (modelo en formato .docx - modelo en formato .odt) expedida pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace da presidencia, no que conste:
    • Data, lugar da reunión e contido do  acordo adoptado
    • Quórum de asistencia e resultado da votación nos termos establecidos nos estatutos
    • As persoas que cesan e as persoas que foron designadas para todos os cargos, así como a súa aceptación e data de efectos, co seguinte detalle: :
      • Nome, apelidos, domicilio e DNI se son persoas físicas
      • Razón social ou denominación e NIF se son persoas xurídicas, xunto cos datos de identificación da persoa física que actuará na súa representación.
      • Sinaturas de todas as persoas titulares da actual xunta directiva e, no seu caso, das saíntes. De non poder achegarse a sinatura das saíntes, acompañarase xustificación suficiente de tal circunstancia.
  3. Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas titulares da xunta directiva (anexo II)
  4. Xustificante do pagamento da taxa (Código 30.39.10)
  5. A que rexistro teño que dirixirme?