Acción Exterior e Cooperación Trasfronteiriza

Compártao :

Compartir

A Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Trasfronteiriza exercerá as seguintes funcións:

  • A proxección exterior de Galicia e a execución da actividade exterior da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias sectoriais doutros órganos ou unidades administrativas.
  • A cooperación institucional e técnica, apoiando as actuacións da Administración autonómica en materias relacionadas coas organizacións rexionais europeas non comunitarias.
  • A dirección da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
  • A colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda nas actuacións que, de acordo cos regulamentos comunitarios, se deben realizar con carácter previo á aprobación do Programa de cooperación transfronteiriza.
  • O seguimento, avaliación e modificación do Programa de cooperación transfronteiriza.
  • Asistir a dirección xeral na súa participación nos comités de Seguimento, de Xestión e do Comité Territorial na área de cooperación do seu ámbito.
  • Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas 

4/8/2019 - Convocatoria de prazas en delegacións no exterior

9/9/2019

14/10/2019

Documentos relacionados
  • La macrorregión de regiones del Sudoeste Europeo
  • l Consejo de Acción Exterior de Galicia
  • Prioridades de actuación
  • Plan de Inversiones Conjuntas de la Eurorregión (2014-2020)