Relacións coa Unión Europea

Compártao :

Compartir

A Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea exercerá aquelas competencias que, en materia de ámbito europeo, estean atribuídas á Dirección Xeral e, concretamente:

  • Impulso, tramitación e coordinación das actuacións que se desenvolvan no ámbito da Unión Europea, tanto no que se refire á presenza directa da Xunta de Galicia nos órganos comunitarios como á participación da Comunidade Autónoma nos asuntos europeos, en colaboración coa Administración xeral do Estado.
  • Fomento da cooperación entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia nos asuntos comunitarios europeos.
  • Seguimento das actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia dentro do marco dos organismos comunitarios e, en especial, no que se refire á participación do Comité das Rexións.
  • Fomento da participación autonómica nos comités ou grupos de traballo das institucións comunitarias.