Onde dirixirse

Ao Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas, adscrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que exerce funcións de cualificación inicial das solicitudes de inscrición de fundacións de interese galego, a súa clasificación e adscrición aos distintos protectorados, a xestión e custodia do Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego e o exercicio do protectorado en relación coas fundacións adscritas a esta consellería, así como a realización dos informes, estudos e propostas de anteproxectos de disposicións relativas ás devanditas entidades.

Xunta de Galicia
Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral Técnica
Subdirección Xeral de Réxime Xurídico
Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas 
Teléfono: 981 545 244 
Email: fundacions@xunta.gal