PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

O Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. 

Compártao :

Compartir

O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse nesta ligazón.

De conformidade co anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no apartado 2.2.2,a) a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informará ao público do apoio obtido dos Fondos Feder no seu sitio de internet.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior desenvolve a seguinte operación dentro do marco do obxectivo específico que se detallan a continuación:

Programa FEDER

Programa operativoFEDER Galicia 2014-2020
% de cofinanciamento comunitario80 % FEDER
Eixo05. Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos
Prioridade de investimento05.02. Fomento da inversión para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenrolo de sistemas de xestión de catástrofes
Obxectivo específico05.02.01. Fomento da inversión para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as Poboacións, incluíndo Protección Civil
Actuación05.02.01.02. Medidas destinadas á dotación de equipamentos, instalacións e infraestruturas destinadas á prevención e xestión de riscos nos ámbitos de emerxencias e protección civil
OperaciónAdquisición de equipamento para os concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan AVPC

Mediante orde de axudas en especie cédese en propiedade a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos, o equipamento para misións de protección civil e emerxencias, sendo a súa entrega formalizada mediante unha acta de cesión, onde se recollen as condicións particulares e obrigas que deberá cumprir o interesado ao que se lle conceda o mesmo.

O beneficiario, durante a realización dunha operación, informará ao público do apoio obtido dos Fondos facendo unha breve descrición da operación no seu sitio internet, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.