Servizo de prevención e análise de riscos

Este servizo desempeñará, entre outras, as seguintes funcións:

  • A elaboración de plans de protección civil de competencia da Comunidade Autónoma e o desenvolvemento dos programas para a súa implantación e mantemento.
  • A elaboración dos informes técnicos de avaliación de plans de protección civil e de emerxencia, para a súa aprobación e homologación, cando corresponda, polo órgano competente.
  • A coordinación da preparación e a execución dos exercicios e simulacros no marco dos citados plans autonómicos, colaborando cos de carácter local.
  • A elaboración dos estudos e a análise do inventario e mapa de riscos e do catálogo de medios e recursos da Comunidade Autónoma de Galicia así como a súa actualización.
  • A colaboración coas entidades locais na elaboración dos plans básicos e sectoriais de emerxencia municipal.
  • A xestión e o mantemento do rexistro electrónico de plans de autoprotección de Galicia.
  • Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.