Protección Civil en Galicia

A Protección Civil é un servizo público orientado ao estudo e prevención das situacións de grave risco colectivo, catástrofe extraordinaria ou calamidade pública nas que poden perigar, de maneira masiva, a vida e integridade física das persoas e a proxección e socorro destas, os seus bens e o medio ambiente, nos casos nos que estas situacións se produzan.

Neste servizo público participan na súa organización, funcionamento e execución, as diferentes administracións públicas, así como a cidadanía, mediante o cumprimento dos correspondentes deberes e a prestación da súa colaboración voluntaria.

Ante situacións de emerxencia, catástrofe ou calamidade, as administracións públicas actúan de forma coordinada e en función da territorialidade do suceso, dos medios humanos e materiais e da capacidade para asumir as consecuencias socioeconómicas. Corresponderalle a dirección e coordinación da emerxencia a unha das administracións que interveña.