Seguridade na Comunidade Autónoma

Compártao :

Competencias

  • A preparación de estudos e proxectos de disposicións xerais da Policía de Galicia.
  • A preparación de estudos e informes no ámbito da seguridade.
  • A elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento destinado a interior e a seguridade.
  • A planificación e xestión dos recursos en materia de seguridade.
  • A preparación das directrices no eido funcional á Unidade do Corpo Nacional da Policía (CNP) adscrita á Xunta de Galicia.
  • A supervisión e o control dos servizos de seguridade na protección de persoas, edificios e dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia e demais funcións da Unidade de Policía Autonómica (UPA).
  • As relacións de persoal e sindicais no ámbito da seguridade.
  • Propostas en materia de selección e formación á Academia Galega de Seguridade Pública.
  • A execución das instrucións en materia de réxime interior que non estean atribuídas a outros órganos da consellería.
  • As demais funcións que, incluídas no ámbito respectivo, lle sexan asignadas.