Turismo

Compártao :

Compartir

Turismo de Galicia é o órgano encargado de desenvolver as competencias en materia turística na Comunidade galega. Creada no ano 2012, segundo o Decreto 196/2012, de 27 de setembro, deste organismo depende a planificación da política de ordenación e inspección, fomento, promoción e competitividade do turismo dentro da comunidade autónoma, determinando as liñas de actuación de política turística. 

Son competencia desta institución a elaboración e proposta de normativa, a coordinación con outros organismos e o sector privado, o desenvolvemento e xestión de plans integrais de turismo para aplicar nos xeodestinos e nos establecementos turísticos, o impulso da calidade e competitividade do destino, a elaboración de estudos e estatísticas, o aproveitamento  e potencialidade dos recursos turísticos de Galicia mediante a creación e promoción de produtos, a información turística e a formación de formadores así como a dos traballadores e traballadoras do sector.
 
Nesta entidade pública tamén están integrados a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, que dirixe e coordina as actuacións relacionadas coa posta en valor cultural e turístico do Camiño de Santiago, incluíndo a rede pública de albergues e o mantemento e conservación dos camiños e a súa sinalización, así como o Centro Superior de Hostelería de Galicia, dentro da Dirección de Profesionalización.