Acción social

Criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2015

O Diario Oficial de Galicia publicou o luns 15 de xullo de 2015 a Resolución do 22 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Quen pode solicitar as axudas?

Poderán solicitar as axudas os/as funcionarios/as de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais auxilio xudicial. Tamén aquelas persoas que prestasen servizos como funcionarios/as interinos/as da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 4.5.2014) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.

Terán a condición de persoas beneficiarias:

  • As persoas solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33%
  • As persoas solicitantes que teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33%.