Os procesos selectivos para ingreso nos corpos ao servizo da Administración de xustiza son de competencia estatal. Correspóndelle ao Ministerio de Xustiza a convocatoria dos procesos, a súa xestión e o nomeamento dos/as funcionarios/as de novo ingreso. No entanto, as comunidades autónomas con competencias transferidas poden incluír nestes procesos prazas para o seu ámbito territorial, suposto no que a Administración autonómica colabora no proceso de selección e de formación inicial dos/as seleccionados/as.
A Xunta de Galicia ofrece prazas territorializadas cando existen vacantes que non se cubriron a través dos procesos de concursos de traslados. As persoas aprobadas que concorren polo ámbito territorial galego terán o seu primeiro destino nun órgano da Administración de xustiza en Galicia.
Compártao :
31/5/2022
8/4/2022
Resolución do 1 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito territorial de Galicia (anexo I) que se ofrecen aos/as aspirantes aprobados/as nas probas selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro.
17/6/2021
Orde JUS/607/2021 do 14 de xuño pola que se publica a relación de aprobados do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/764/2019, do 10 de xullo.
27/5/2021
Publicada na páxina do Ministerio de Xusticia a orde de nomeamento de médicos forenses en prácticas nesta ligazón.
Publicada a listaxe xeral coa distribución de opositores/as por aulas na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela
13 de abril de 2021
Coa finalidade de evitar aglomeracións nas portas de acceso e axilizar a entrada á Facultade de Dereito, cada aspirante deberá consultar na listaxe a aula que lle corresponde.
Advírtese que non se farán chamamentos nin haberá listado de opositores/as nas portas de acceso.
Importante: aviso a opositores/as para a realización dos exercicios de acceso ao corpo de auxilio xudicial que se celebrará o próximo 17 de abril
7 de abril de 2021
- Deberanse consultar as listaxes, coa distribución dos opositores por aulas, en cada sede de exame, que se publicarán na páxina web do ministerio de xustiza nos próximos días.
- Para evitar aglomeracións, cada opositor deberá descargarse a aula que lle corresponde, para axilizar a entrada ás aulas.
- Está prohibido o acceso de acompañantes ao recinto de celebración das probas durante todo o seu desenvolvemento.
- Uso obrigatorio de máscara cirúrxica ou FFP2, sen este tipo de máscara, non se poderá acceder á facultade ou recinto.
- Deberán levar os seus propios bolígrafos, azul ou negro, de punta dura
- As sedes de exame deberán dispoñer de xeles hidroalcohólicos nos corredores á entrada das aulas.
- Aconséllase que leven o seu propio xel hidroalcohólico para o seu uso exclusivamente individual, durante o desenvolvemento da proba.
- Manterase a distancia de seguridade de 1,5 m, en todo momento, tanto nos corredores, como nas aulas.
- Cando finalicen o exercicio, deberán abandonar a facultade, ordenadamente, mantendo a distancia de seguridade.
- Orde JUS/263/2021, do 16 de marzo, pola que se aproba a relación de admitidos e excluídos e anúnciase data, hora e lugar de celebración do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administraciónde Xustiza, convocado por Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro
- Resolución do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, no ámbito de Galicia
- Resolución do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se outorga destino aos funcionarios do Corpo de Xestión Procesal e Administrativa da Administración de Xustiza, turno de promoción interna, que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo
- Orde JUS/1310/2020, de 22 de decembro, pola que se nomean funcionarios do Corpo de Xestión Procesal e Administrativa, acceso por promoción interna, aos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde JUS/403/2019, de 21 de marzo
- Resolución do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofrecen destinos aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, no ámbito de Galicia.
- Resolución do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que se ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda promoción interna, convocadas pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo.
- Orde JUS/1112/2020, do 17 de novembro, pola que se publica a relación de aprobados do proceso selectivo para acceso, por promoción interna, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo.
- Orde JUS/1068/2020, do 5 de novembro, pola que se nomean funcionarios do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa os aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado por Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo.
- Resolución do 5 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se outorga destino aos funcionarios do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda de promoción interna, que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo.
- Resolución do 5 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorgan destinos aos funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo, no ámbito de Galicia.
- Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publica a relación de prazas desertas no ámbito territorial de Galicia que se ofrecen aos aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso por promoción interna, no corpo de tramitación procesual e administrativa convocado pola Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo.
- Orde JUS/857/2020, do 14 de setembro, pola que se publica a relación de aprobados do proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo
- Resolución do 8 de agosto 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/736/2020, do 23 de xullo, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, ao corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, convocado polar Orde JUS/60/2000, do 15 de xaneiro
- Orde JUS/736/2020, de 23 de xullo, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, ao Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/60/2000, de 15 de xaneiro
- Orde JUS/60/2020, de 15 de xaneiro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xusticia
- Resolución do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/626/2019, do 28 de maio, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses (*) Por Orde JUS/695/2019 de 17 de xuño, publicada o 26 de xuño de 2019 no BOE, queda sen efecto o referenciado no anexo III da Orde 626/2019 de 28 de maio no referido a casa 20 da solicitude de admisión nas probas selectivas
- Resolución do 10 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna ao corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza
- Resolución do 10 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna ao corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza