Servizos web ao funcionario/a

Compártao :

Compartir

Cubra, a través deste portal, de forma cómoda e segura as súas solicitudes de:

  • permisos,
  • reincorporación ao posto de traballo despois de enfermidade,
  • licenza por estudos,
  • axudas do programa de acción Social,
  • cursos de formación continua,
  • vacacións
  • e modificación do expediente electrónico.

Lembre que é preciso imprimir a solicitude, asinala por vostede, recoller a sinatura do/a director/a funcional (secretario/a xudicial, fiscal xefe, etc) e remitila por correo ao Servizo de Xustiza da respectiva xefatura territorial (as licenzas por estudos remitiranse ao Servizo de persoal da Dirección Xeral de Xustiza).

No portal poderá tamén:

  • consultar o cómputo acumulado polo sistema automatizado de control horario
  • e imprimir os partes de incidencias.

O portal incorporará á súa solicitude unha pegada informática que permitirá un funcionamento máis eficiente da xestión de persoal e, asemade, facilitarlle a vostede un sinxelo xeito de consulta do estado da súa solicitude.